Reclaman no Barbanza a elaboración dun Plano para o Patrimonio Arqueolóxico

Redes de pedra

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

O pasado xuño a Consellería de Cultura anunciaba a creación da Rede Galega de Arqueoloxía. Un macroproxecto dun alto custo -1,8 millóns de Euros (3.000 millóns de pesetas)- que pretendía crear un parque arqueolóxico, varias áreas e rutas para cada provincia. Un plano ambicioso que xa ten as primeiras réplicas. De feito, un grupo de historiadores acaban de elaborar un documento polo cal someten a consideración pública a necesidade de elaborar un Plano Integral de Xestión e Estudio do Patrimonio Arqueolóxico do Barbanza. Unha proposta que parte do feito de que esta zona alberga un importante patrimonio artístico e etnográfico.

O patrimonio do Barbanza


O castro de Baroña e o de Neixón, o Dolmen de Axeitos ou a Cova da Moura son algúns dos xacementos máis importantes de Galicia. E todos eles teñen a peculiaridade de atoparse na Península do Barbanza. Ademais disto, é unha zona cun controno xeográfico atractivo ue xogza de numerosos xacementos megalíticos, abondosas mostras de arte ruperstre e importantes verstixios romanos. E todo isto situado nun rico enclave natural, cun importante potencial turístico e estratexicamente situado. Estas son as principais argumentacións que fan un grupo de catorce persoas (na súa maioría historiadores e profesores) para que esta zona teña medidas de carácter excepcional polas institucións pertinentes.
E estas institucións son, segundo eles, desde os concellos cos seus centros de interpretación, ata a Xunta de Galicia que vén de elaborar a Rede Galega de Arqueoloxía.



A rede galega de Arqueoloxía na provincia da Coruña


En virtude da Rede Galega de Arqueoloxía que a Xunta de Galicia deu a coñecer no mes de xuño, en cada provincia se van a desenvolver tres liñas de actuación: a construcción dun parque arqueolóxico, a creación de varias áreas e rutas para coñecer os monumentos da zona.
En virtude dese proxecto na provincia da Coruña o plan de actuación vai a desenvolver un parque sobre megalitismo nas terras de Soneira na Coruña. Baixo o lema "Arquitecturas para la muerte" atópase unha zona na qeu se atopan dólmenes como o de Dombate (Cabana) ou o de Pedra da Arca (Malpica) e que custará uns 450 millóns de pesetas.



A súa proposta


Partindo do patrimonio arqueolóxico do que goza a Pensínsula do Barbanza, este grupo de persoas elaborou un comunicado reivindicando a necesidade de elaborar un Plano Integral de Xestión e Estudio do Patrimonio Arqueolóxico. Un plano que concentra cinco puntos principais. Primeiro unha catalogación exhaustiva; segundo, establecemento dunha carta de riscos que repercutan negativamente na conservación dos xacementos. Terceiro, intervencións nos conxuntos que, polo seu valor artístico-histórico demanden un tratamento individualizado. En cuarto lugar pretenden definir unha serie de áreas de protección tanto de restos arqueolóxicos singulares como do seu contorno. E, por último, demandan a necesidade dunha "posta en valor do patrimonio Cultural no seu máis amplo senso, mediante unha serie de actuacións que, entre outras cousas, inclúan o trazado de roteiros e visitas guiadas".

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Arqueoloxía, Consellería de Cultura, A Coruña...