É unha das autoras galegas de estilo manga máis veterás, mais habÃa tempo que Vanessa Durán non publicaba unha nova obra de banda deseñada. Porén acaba de anunciar que axiña se editará El esclavo de la Rosa, cuxa data de saÃda aÃnda non foi confirmada pola editorial, Nowevolution, unha empresa centrada no cómic xaponés. A obra comporase de dous volumes, de 144 páxinas cada un, e nela a ilustradora santiaguesa, que afirma que o proxecto está moi avanzado, traballará man a man co guionista Javi Cuho. Este barcelonés, que estará presente no vindeiro Salón do manga da súa cidade natal, leva traballando desde hai xa catro anos con Vanessa Durán en El esclavo de la Rosa. En palabras deste autor, especializado na temática gay, con este traballo “pretendemos presentar a cara máis realista do que somos os seres humanos, con todas as nosas grandezas e tamén as nosas miserias”.