Os concellos encargaranse da catalogación do patrimonio

A Dirección Xeral do Patrimonio subvencionará os concellos para realizar esa tarefa

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A catalogación do patrimonio inmobiliario dos concellos é o primeiro paso para protexer os bens con valor histórico ou artístico. Ata o de agora eran equipos de arquitectos especializados contratados de xeito puntual para facer eses inventarios. Sen embargo, Cultura anuncia que a partir de agora se encargarán os propios concellos os que cataloguen o patrimonio amparándose en criterios de aforro económico e de resultados. Para realizar esa tarefa, Cultura concederá axudas aos concellos pero aínda non precisou o importe desas contías.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves