Poucos centros urbanos escolarizarán en galego malia ser o idioma do 40 por cento dos pais

O TSXG manterá o decreto aínda que seguirá a estudar a súa legalidade

Malia que o 40% dos pais elixe o galego como lingua materna, só o 12% dos centros de infantil tomará ese idioma como lingua vehicular. A primeira cifra ofrecíaa a enquisa que fixo a Consellaria de Educación no momento da matrícula, mentres que a segunda fíxoa pública o sindicato STEG ao compilar os datos dos centros de infantil das cidades. O texto do decreto non será suspendido, así o decidiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aínda que segurá a estudar a súa legalidade.