O concello de Vigo e a Xunta buscan emprazamentos para o arquivo Llanos

A día de hoxe está no Museo Etnolóxico de Ribadavia

| Santiago. Redacción | Seccións: Fotografía
Compartir:

Os fotógrafos da familia Llanos estiveron tirando imaxes en Vigo desde 1985. Por iso, manteñen un dos arquivos fotográficos da cidade máis destacado con máis de cen mil imaxes. Desde que a Xunta mercou ese material, gárdase no Museo Etnolóxico de Ribadavia tras anos de negociacións infrutuosas co concello vigués. Agora, o arquivo do decano do reporteirismo gráfico volverá para Vigo, logo de que o Parlamento acordase o su traslado. A falta dun espazo axeitado dificulta o cambio inmediato mentres o concello e a Xunta buscan, por separado, o emprazamento definitivo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia, Concello de Vigo