Falece Ángel Llanos, último dunha estirpe de fotógrafos

O arquivo familiar está depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ao 97 anos de idade falecía onte en Vigo Ángel Llanos, coñecido fotógrafo e último da saga que levaba o seu apelido e que leva retratando a Cidade Olívica desde o século XIX. Llanos comezara a súa actividade en 1926 e desde entón desenvolveu un intenso traballo tanto no fotoxornalismo como na fotografía comercial. No ano 2009 a Xunta de Galicia mercou o seu arquivo, composto por preto dun millón de imaxes, e que está custodiado no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xa en vida Llanos recibira diferentes homenaxes en recoñecemento ao seu traballo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia, Fotografía, Xunta de Galicia, Cidade Olívica...