A Xunta amplía as axudas aos medios en galego

Pasaron de 63.000 a 400.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publicou onte unha resolución da Xunta pola que amplía a contía inicial das axudas aos medios escritos integramente en galego. Se a principio de xullo acordou destinar 63.000 euros a esta partida, a contía agora é de 400.000 euros. Esta ampliación chega un día despois de que A Nosa Terra anunciase o peche do seu proxecto impreso. En todo caso, o DOG explica que o incremento “non afecta ao prazo establecido na referida reolución para a presentación de solicitudes”, o que implica que os 24 medios que xa solicitaron a achega poderían ver incrementada a cantidade económica.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Nosa Terra

Claves

Entidades