A Xunta podería suspender de emprego e soldo a quen non cumpla o decreto

Educación enviou unha circular avisando aos docentes que deben acatar a legalidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Matemáticas, Tecnoxía, Física e Química impartiranse no curso 2010-2011 en castelán tal e como establece o polémico decreto do plurilinguismo aprobado en xuño. Aos docentes que impartían esas materias en galego, a Consellaría de Educación enviou onte un aviso informando que os docentes deberan cumprir “coa legalidade vixente e aplicar a nova normativa”. A quen non o cumpla, aplicaráselle o procedemento administrativo de réxime disciplinario que ten a Inspección Educativa que implica a apertura dun expediente que podería acabar en suspensión de emprego e soldo.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación

Claves

Conceptos