Hoxe é o primeiro dÃa de folga na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) en Vigo. A Federación de Ensino do sindicato CCOO, respondendo á petición feita polo claustro e polo alumnado da Escola Superior de Arte Dramática, convoca unha folga os dÃas 17, 18 e 19 coincidindo co inicio das actividades lectivas. Esta mobilización que irá acompañada de concentracións responde a unha protesta do claustro de profesores do centro cun comunicado ante a administración educativa autonómica no que os docentes asà como os representantes do alumnado denunciaron que o centro vén padecendo dende o ano 2014 un recorte do seu persoal docente, que calculan nun vinte por cento do seu cadro. O claustro da ESAD esixiu a reposición nos seus postos de traballos dos seis docentes excluÃdos nos dous últimos anos e considera que estes recortes lesionan gravemente os obxectivos de calidade que presiden o ideario pedagóxico do centro. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) pronunciouse nun total apoio a este comunicado. Pola contra fontes da ConsellerÃa de Cultura, Educación e O.U. declararon, a preguntas deste medio, que a ESAD dispón do equipo docente necesario para cubrir as súas necesidades. Desde Educación aseguran que a media de horas lectivas reais no centro educativo é de 14 horas por profesor, horario que se completa con titorÃas docentes. E basean a decisión de dar de baixa a algún docentes en que, segundo o observado pola Inspección de Educación, "nalgún caso fixéronse desdobres de grupos enteiros, sen xustificación, e non respectando a ratio establecida de acordo ao R.D. 303/2010". A administración educativa da Xunta tamén considerou probado que "incumprindo a Orde de 21 de novembro de 2016, estábanse a impartir materias optativas con menos alumnos dos estipulados". Os desacordos entre o centro e a administración educativa xa veñen do ano 2014 cun recorte de docentes que foi denunciado polos sindicatos. Ademais tanto desde os sindicatos como desde o propio comunicado do Claustro de profesores mencionan aos propios funcionarios de inspección e as súas actitudes como parte do problema que está a sufrir o centro.