A ESAD recupera dous postos docentes e abandona a folga

Educación cedeu parcialmente ás reclamacións da Escola Superior de Arte Dramática

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Logo de varios días de folga, a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo conseguiu o pasado venres que a Consellaría de Eduación cedese a varias das súas reivindicacións. Aínda que non se reporán as tres prazas docentes que se eliminaran desde o último curso, o pasado venres chegouse a un acordo polo que se restitúe unha xornada completa para a materia de Dramaturxia e media para a de Espazo Escénico. Ademais, recoñécense as titorías docentes dentro do horario lectivo do profesorado e substitúese o inspector de Educación responsable do centro. Dese a ESAD sinalaron que, malia a non conseguir todas as súas demandas, este foi un paso importante e adiantaron que continuarán a loitar con vistas a obter á adscrición do centro á Universidade de Vigo.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ESAD, Educación, Escola Superior de Arte Dramática, Universidade de Vigo...