A Escola de Arte Dramática de Vigo abrirá un viveiro de empresas

O centro achegará dúas novas titulacións o vindeiro curso

21/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Coa denominación de Centro de Iniciativas Profesionais a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo porá en marcha o vindeiro curso o primeiro viveiro de empresas do espectáculo do país. O centro quere facilitarlle saídas profesionais aos seus titulados, e con este fin achegaralles información sobre mercados, a creación de mpresas e outras cuestións semellantes con vistas a que desenvolvan as súas propias firmas de teatro, xestión de espectáculos, guións ou escenografía. Ao tempo, o centro iniciará este outono as especialidades de Dramaturxia e Escenografía. Como consecuencia desta ampliación de titulacións, a ESAD convoca probas extraordinarias de acceso para as especialidades. O prazo de inscrición será desde hoxe ao 28 de agosto.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Viveiro, Espectáculo, Teatro...