Pechan as exposicións da XVIII edición de Viñetas sen ofrecer cifras de visitantes

Os organizadores apuntaron que se trataba da edicion máis visitada da súa historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:

Malia que a semana grande rematou unha semana antes, esta fin de semana pechaban as exposicións desta edición de Viñetas desde o Atlántico. Os organizadores do salón coruñés da banda deseñada cualificaron esta edición como a “máis visitada da súa historia” pero sen achegar cifras reais de asistencia. Nunha nota de prensa apuntaron a “afluencia de visitantes a todas as salas do Festival foi masiva e constante durante estes primeiros sete días (referíndose á semana grande entre o 9 e o 15 de agosto)”. Nunha nota de prensa Miguelanxo Prado apuntou que “Galicia, España no seu conxunto, é dende hai tempo un referente a nivel internacional, con autores recoñecidos e respectados nos mercados máis esixentes, como o francés ou o estadounidense”.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Miguelanxo Prado, Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico...