Satisfacción polos resultados da nova edición de Viñetas desde o Atlántico

Organizadores e boa parte das entidades participantes coinciden en afirmar que foi un bo ano

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

Malia a que non se quere mollar dando cifras, xa que considera que "non ten sentido meternos en carreiras", a organización de Viñetas desde o Atlántico declarouse satisfeita polos resultados da edición do festival que fechou domingo. Segundo o director do evento, Miguelanxo Prado, "notouse moitísimo o incremento de visitantes" e "a sensación é que esta foi unha edición redonda". Consultando libreiros e entidades que participan no evento, dáse unha certa división de opinións e de percepcións no evento, desde aqueles que recoñecen un incremento destacado das vendas e da asistencia, ata outros que detectaron un descenso. Deste o sector profesional si hai máis unanimidade á hora de valorar a grande calidade das exposicións. De cara ao vindeiro ano Prado sinala que o festival comezará o 16 de agosto e que se procurará afinar cuestións coma a programación de eventos, descartando polo momento que Viñetas medre moito máis tanto en espazos como en duración temporal.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Miguelanxo Prado, Exposicións