O que significan os nomes

Multiplicouse o uso de nomes galegos desde os anos setenta

Hai eleccións que marcan unha vida. E iso sábeno ben os pais que teñen que elexir nome para os seus fillos. O significado, que non se repita, que sea bonito.... son algúns dos motivos que xustifican a súa decisión. Desde os anos setenta, incrementouse en máis dun mil por cento o uso de nomes en galego. Se antes as María Carmen ou os José Manuel gañaban a partida, agora é o de Brais e Uxía.

Os tempos cambian e, con eles, os nomes dos fillos. Se en 1970 había inscritas 6.000 María José, ese nome desaparece da listaxe dos vinte nomes máis elexidos no século XXI. Agora é o momento das Antía, Iria, Noa ou Uxía. Así se desprende da explotación da Estatística de nomes e apelidos máis frecuentes do INE que elaborou o Observatorio da Cultura Galega.



Segundo fontes do Observatorio, “o nome galego cunha distribución proporcional máis frecuente é Uxía en Ourense, onde 25 de cada 1000 nenas nacidas na década de 2000 se chaman así. O nome de neno máis frecuente tamén se atopa na mesma provincia. Así, 22 de cada mil rapaces nacidos na última década responden por Brais”. Canda estes dous nomes, Antía, Noa, Iago e Anxo son os máis empregados polos pais para chamar ao seus fillos. Pero dentro destes nomes, tamén se poden apreciar tendencias. Na década dos oitenta o nome preferido de muller era Iria, hoxe




Tendencia á alza
Ademais, o estudo tamén permite observar a tendenza á alza de uso de nome galego. Desde o Observatorio apuntan que, se facemos o desglose por provincias, vemos que “Ourense acada o primeiro posto, con 19 de cada mil nacidos na última década leva un dos nomes galegos máis frecuentes e A Coruña o último, con 16 de cada mil”. Así, buscando polos nomes máis usados, se na década dos setenta de cada mil habitantes en Galicia só un se chamaban Antía, Anxo, Brais, Iago, Iria, Noa ou Uxía, hoxe son dezaoito.