Roteiro: Expreso Ribeira Sacra

Este tren de época permite unha visión inédita das beiras do Miño e do Sil

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Roteiro: Expreso Ribeira Sacra

Este verán non hai catamaráns polos Canóns do Sil. O descenso do nivel de río polas obras de Iberdrola no curso do río fixo que os responsables de turismo da Ribeira Sacra buscasen unha alternativa para os visitantes. E atopárona no Museo do Ferrocarril de Monforte. O tren de época Galaico Expreso oferta por vez primeira a ocasión de coñecer desde as vías este lugar único.

As deputacións de Lugo e de Ourense, os concellos da Cidade das Burgas e mais de Monforte, entre outras entidades, son as responsables de pór a andar este programa. Cada fin de semana, ata o vindeiro 19 de setembro, percorridos entre Monforte e Ourense, con parada nos Peares permiten ver cunha nova perspectiva unha das comarcas mais recoñecidas do país. O convoi, conformado con maquinaria que se recuperou no Museo do Ferrocarril de Galicia, inclúe servizos como un vagón para proxectar audiovisuais, outro con información turística, dous con compartimentos e mais un coche restaurante. Está previsto que as actividades deste tren continúen ao longo do vindeiro ano. Xaquín Ros, técnico da Deputación de Lugo e un dos responsables do proxecto, selecciona para nós tres puntos deste roteiro.

1. Monforte





2. Os Peares





3. Ourense





Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Sil, Culturagalega, Miño...