Bueu recupera 200 topónimos mariñeiros mediante un certame

O proxecto inclúe unha guía con mapas para localizar os nomes

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Douscentos nomes da costa e do mar de Bueu. Este é o resultado do Concurso de Toponimia Mariñeira "O burato do inferno", que retou aos participantes a conseguir nomes destes lugares. En total foron dez os participantes que localizaron estes espazos, para o que contaron cunha completa guía que publicou o proxecto Bueuinforma para este certame e na que se dan indicacións para localizar e compilar os nomes. Queda por decidir o gañador, para o que se terá en conta a explicación da orixe de cada topónimo e mais a claridade da súa localización.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Guía

Claves

Conceptos
Lugares