A Guía de nomes galegos, un recurso en liña coa forma estándar de máis de 1500 antropónimos que forman parte da tradición galega, moitos deles dende a Idade Media, xa pode consultarse en liña. A Real Academia Galega ven de presentar este traballo do seu Seminario de Onomástica, coordinado por Ana Boullón Agrelo. Nesta Guia cada entrada explica a orixe e o significado do antropónimo, achega a historia ou as lendas dos personaxes que primeiro o levaron ou que o fixeron popular e recompila as correspondencias con outras linguas, entre outra información. O recurso complétase cunha listaxe de nomes femininos e outra de masculinos descargables. A Academia agarda ofrecer tamén proximamente unha guía de apelidos, na que vén traballando dende hai tempo o Seminario de Onomástica.
Onomástica literaria
Xustamente en relación aos nomes e ao xeito en como se escollen para os protagonistas de novelas ou por que se usan determinados topónimos na poesía transcorrerán serán algunhas das cuestións que se abordarán o vindeiro 15 de outubro na VII Xornada de Onomástica Galega, no Museo de Pontevedra. A cita reunirá a especialistas con olladas dende a literatura medieval á moderna baixo o título 'A onomástica literaria'. A propia Ana Boullón xunto coa académica correspondente Luz Méndez, coordinarán para a RAG esta edición da Xornada que da que presentaron onte o programa. No acto tamén s elevou a cabo a presentación da publicación que recolle as contribucións da xornada de 2021, 'Estudos de Onomástica Galega VI. A onomástica no Camiño de Santiago'.