Un estudo sobre os telleiros do Baixo Miño gaña o premio Ferro Couselo

María de los Ángeles Verea analizou as migracións destes artesáns ata o comezo do século XX

30/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Estudo das migracións estacionais dos telleiros do Baixo Miño (1750-1900) é o título co que a investigadora María de los Ángeles Verea gañou o XV Premio de Investigación Ferro Couselo. O Concello de Valga outorgarálle 4.000 euros á vencedora, mentres que o vigués Alejandro Fernandez conseguiu a bolsa de 3.000 euros para desenvolver unha investigación no propio concello, centrada no patrimonio industrial relacionado coas tellas e cerámica.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miño, Baixo Miño, Concello de Valga

Claves

Entidades