Os datos do Anuario SGAE 2010 das Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, que se presentou o pasado luns en Madrid, presentan un importante descenso no consumo de cultura a nivel estatal. Este estudo, considerado un referente no seu campo, verifica que se vai menos menos ao teatro e a concertos, que se consumen menos DVDs e que, sobre todo, se mercan moitos menos discos. Unicamente a asistencia ao cinema sube no último ano a respecto dos anteriores. Analizamos co Observatorio da Cultura algunhas das tendencias en Galicia a partir destes datos.
O cine
Semella que, tal e como xa reflectÃan outros informes, é a incorporación das tres dimensións ao cinema o que está a salvar, nos últimos doce meses, a asistencia ás salas e consegue mesmo incrementar as cifras de asistentes. Sexa só por iso ou sumando outras causas, do que non cabe dúbida é de que o cinema é a única industria cultural que no Anuario da SGAE consegue medrar no conxunto do Estado. A este nivel, a tendencia en Galicia no último ano é parella. En 2009 mercamos 4,2 millóns de entradas fronte aos 3,9 do ano anterior. As vendas supuxeron un total de 25,2 millóns de euros para os exhibidores no noso paÃs. Obsérvase tamén en Galicia un maior interese polas pelÃculas españolas, xa que asistiron a elas un 17,2% dos espectadores en 2009, fronte ao 15,9% do conxunto estatal.
O teatro
Fronte ao cinema, no conxunto do Estado obsérvase que a asistencia a espectáculos de artes escénicas diminúe en xeral, e que se programaron preto de 4.000 pezas, nunha inmensa maiorÃa funcións de teatro. Neste campo comprobamos que a tendencia en Galicia é diferente. Para comezar, en 2009 celebráronse preto de 400 funcións máis do que no ano anterior, chegando ás 2.928. De xeito paralelo, deuse un incremento destacado (un 26%) na recadación, que foi de 3.199.660 euros fronte aos 2.539.378 de 2008 e que confirma unha traxectoria ascendente neste sentido. De xeito curioso, diminuÃu o número total de espectadores (un 2,43% menos) aÃnda que en menor medida que o conxunto estatal (5,25% de descenso). A diverxencia entre recadación e asistencia fai pensar en que, ou ben o público do teatro está a pagar máis polas súas entradas ou que se incrementa o número de funcións de pago sen que iso supoña unha perda substancial de espectadores.
TIC
No campo das novas tecnoloxÃas, Galicia continúa a medrar na súa incorporación a Internet con Ãndices de crecemento parellos a España, aÃnda que a unha escala menor. É dicir, que aÃnda que temos máis conexións, seguimos a manter aproximadamente a nosa distancia sobre a media estatal. En 2009 un 42,3% dos fogares galegos tiñan conexión a Internet, e as conexións de Banda Larga copaban o sector, xa que o 38,3 dos fogares tiña contratado un servizo deste tipo. No ano a seguir, as cifras incrementáronse. O crecemento no total das liñas a respecto do ano anterior foi de menos dun 3%, mentres que foron máis os usuarios que optaron por mellorar a súa conexión, pasando a incrementádose o número de conexión de banda larga en preto dun 7%. Malia a isto, debemos pensar que o incremento de conexións no conxunto do Estado foi semellante, chegando a un 54% de fogares conectados cunha presenza de conexións de banda larga dun 51,3%, netamente superior ás cifras galegas. Continúa tamén o ascenso na incorporación do teléfono móbil á sociedade (un 89,8% das casas, e baixan lixeiramente as conexións de teléfono fixo contratadas, que quedan nun 80,7% dos fogares.
Fonte: Anuario SGAE 2010 das Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais
Ministerio de Cultura