Ferrol homenaxea o fundador do PSOE no 150 aniversario do seu nacemento

Parabéns Pablo Iglesias

19/10/2000 | Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Hai 150 anos nacía en Ferrol o que chegaría a ser un dos políticos máis destacados do Estado Español, Pablo Iglesias. A data conmemorarase na cidade con múltiples actos que se desenvolverán ó longo de todo o mes. Ademais da ofrenda floral que inaugurou onte as homenaxes, prevese nomear a Iglesias fillo predilecto de Ferrol.

Actos


Entre os actos de recoñecemento que prepara o concello está o de recuperar unha placa retirada en 1936 adicada ó tipógrafo e político. Tamén se manexa a posibilidade de dedicar o parque de Telleira ó ilustre ferrolán, e realización dun video divulgativo sobre a influencia de Iglesias no movemento obreiro de Galicia. Os actos prolongaranse ata o nove de decembro,



PSOE e UXT


O Partido Socialista e a Unión Xeral de Traballadores tamén prepara varios actos para lembrar o seu fundador. Está previsto que os principais dirixentes do partido a nivel estatal se acheguen á cidade departamental para participar nas honras. Cóntase coa presencia de Rodríguez Zapatero, Cándido Mëndez e Alfonso Guerra, presidente da Fundación Pablo Iglesias.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PSOE, Guerra

Claves

Entidades
Conceptos