O Consello da Cultura analiza o Botafumeiro nun volume

A obra presentouse esta mañá na sala capitular da catedral

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Botafumeiro da Catedral de Santiago é sen dúbida un dos elementos identificativos máis importantes do fenómeno xacobeo. Agora, o Consello da Cultura presenta o volume O Botafumeiro. Estudos e evocacións unha obra publicada por Hércules de Edicións que recolle diferentes perspectivas sobre o coñecido incensario. A historia desta peza, diferentes referencias literarias sobre o mesmo, a propia orixe do nome e mesmo os fenómenos físicos que se agochan detrás da traxectoria do mesmo trátanse en amplos artigos de José María Díaz Fernández, Xosé M. Sánchez Sánchez, Antón Santamarina e Juan R. Sanmartín.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Antón Santamarina, Xacobeo, Catedral de Santiago...

Claves

Protagonistas
Conceptos