A Real Academia pretende recorrer o decreto para o plurilingüismo

A institución agarda o ditame dos seus servizos xurídicos para iniciar o proceso

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Só falta o visto bo do servizo xurídico para que a Real Academia Galega presente o seu recurso xudicial ao decreto para o plurilingüismo no ensino. Segundo explicou o propio presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín, os membros da Academia xa tomaron o acordo de presentar o recurso, e agora un equipo de letrados está a procurar os fundamentos xurídicos máis axeitados para o mesmo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Real Academia Galega, Ensino

Claves

Protagonistas
Lugares