Non é unha competencia do Parlamento Europeo pero o vindeiro mes de setembro o Pleno votará un informe sobre os dereitos de propiedade intelectual sobre o mercado interior que pretende penalizar as descargas de Internet. A paradoxa cultural da gran Europa agóchase baixo o principio de subsidiariedade que lle cede o poder aos Estados Membros, pero na medida que a cultura está relacionada con, entre outras materias, turismo ou industria, Europa ten moito que dicir. Analizamos a primeira parada lexislativa.
“A primeira reflexión xeral é que o ámbito da cultura está fora das competencias do Parlamento Europeo xa que, en virtude do principio de subsidiariedade, son estatais”. Este é marco xeral que debuxa Santiago Fisas, eurodiputado do Partido Popular Europeo e membro da comisión de Cultura do Parlamento Europeo. Esta comisión, que tamén o é de Educación, Deportes e Medios de Comunicación, non é lexislativa. Oriol Junqueras, Grupo dos Verdes/Aliana Libre Europea e suplente nesta comisión explica que “non establece marcos lexislativos xerais, senón que a súa actuación se limita a aconsellar, promover ou opinar”. Pero isto non quere dicir que desde a sede lexislativa comunitaria estea maniatada, senón que o hai que enfocar desde o outro punto de vista: a cultura como turismo, como industria, como educaciónÂ….. Outra integrante deste grupo, a eurodiputada Maria BadÃa, pon o énfase na transversalidade da acción cultural e pon como exemplo os informes que se aprobaron neste semestre de presidencia rotatoria española da Comisión: “a creación de Europeana, a gran biblioteca dixital europea; a avaliación das propostas que a comisión puxo en marcha en relación coa educación e outro sobre a relación entre universidade e empresa”. A cultura, no Parlamento Europeo, vén acompañada doutra variable.
O binomio cultural
Se a crise condicionou a polÃtica dos últimos meses, non é menos certo que obrigou a poñer o foco sobre outros ámbitos menos explorados desde un punto de vista económico. O eurodiputado Santiago Fisas, que foi conselleiro de Cultura da Comunidade de Madrid durante un tempo, coñece ben que a cultura achega ao PIB case tanto como outros sectores produtivos tradicionais. “mentes non teñamos datos claros do que achega a cultura ao PIB, e do número de postos de traballo non nos van tomar en serio” apunta fisas. Sen embargo, non figura no calendario de ningún partido polÃtico instar á comisión a facer un informe que lles permita realizar ese estudo. “Hai que poñerlle o cascabel ao gato” alude Fisas. Mentres iso non se faga, e nin MarÃa BadÃa, Oriol Junqueras e o propio Fisas aseguran que non está na axenda, a cultura seguirá a ser valorada polo que representa senón polo que supón a nivel económico. Como tampouco está no calendario a chegada ao Parlamento do “Libro verde das Industrias Cuturais” (presentado nun foro que tivo lugar en Barcelona, malia estar pactado para Galicia). Ese documento, que leva por tÃtulo “Liberar o potencial das Industrias Culturais e Creativas” que define os que entende por industrias culturais, industrias creativas e sitúa a dixitalización como o novo contexto tecnolóxico no que se move a creación cultural. Agora ben, ese documento deberá ser desmenuzado e presentar propostas concretas ao Parlamento. MarÃa BadÃa (S&D) asegura que “hai que sacar dese libro propostas concretas para que logo a Comisión pida ao Consello e aos Estados Membros que o cumplan”.
En todo caso, o libro verde pon o énfase do novo contexto tecnolóxico, algo que non se lle escapa aos eurodiputados. Santiago Fisas asegura que “é un tema moi importante sobre o que o Parlamento Europeo se ten que pronunciar canto antes”. Pola súa banda, Oriol Junqueras asegura que “estamos nunha sociedade de explosión das novas tecnoloxÃas e, por tanto, cambian as condicións do mercado e reduce a capacidade do control da oferta. Neste contexto hai que regular entre o que é a liberdade dos consumidores para acceder aos produtos culturais e remunerar ao screadores para que continúen co seu traballo de creación”. Ese debate tradúcese no Informe Gallo, elaborado e defendido pola eurodiputada francesa Marielle Gallo que pretende sancionar penalmente as descargas de Internet. O documento foi moi contestado polas comunidades de internauras e asociacións ao entender que confunde a “falsificación co intercambio de arquivos” ao tempo que “non aborda os novos modelos de negocio e as novas formas de concebir os dereitos de autor”. Unha iniciativa do grupo socialista pediu adiamento da votación plenaria deste informe ata o mes de setembro. Será a primeira vez que o Parlamento Europeo se pronuncie nesta materia, e será de crucial importancia tanto para creadores como para usuarios. Fisas ten clara a súa postura “non se lle poden por portas ao campo” e avoga por unha penalización que chegue por vÃa judicial (para el é insuficiente a sanción administrativa); mentres que Junqueras considera que “igual que a educación e a sanidade está claro que non poden estar en mans exclusivamente privadas, no caso da cultura tampouco”.
Polo demais, outras iniciativas do Parlamento Europeo no ámbito cultural pasan por crear unha etiqueta do “Patrimonio Europeo” (unha proposta aÃnda por concretar xa que existe sobre a mesa a intención de que anualmente, cada Estado Membro propoña dous monumentos ou elementos patrimoniais, algo que xenera desigualdades tendo en conta a diferencias entre os 27 estados); os Premios Lux do Cinema ou mesmo calquera das accións culturais desenvolvidas tanto nos espazos do Parlamento como polas oficinas do que a entidade ten en cada estado membro.
Balance da presidencia española
O paso 6 de xullo, Jose Luis RodrÃguez Zapatero acudÃa a Estrasburgo a facer balance no Parlamento do que foi a súa actividade durante o semestre de presidencia española da Unión Europea. Un balance que en ámbito cultural, os eurodiputados valoran de xeito diferente. Para Santiago Fisas "as ambicións culturais non eran moi grandes e o resultado foi menor aÃnda. Na valoración final non citou a palabra cultura nin un só momento e iso implica que non houbo decisións importantes en materia cultural”. O eurodiputado de orixe galega, Francisco Millán Mon (PPE) engade que foi “decepcionante para Galicia porque, tendo en conta que era ano Xacobeo e que existe un intergrupo do Camiño de Santiago, terÃa que ter realizado un gran acontecemento en Galicia". Pola súa banda, Oriol Junqueras asegura que “a presidencia española renunciou a solventar, cales serán os mecanismos que establecemos para garantir o cumprimento dos obxectivos da Estratexia 2020 (que marcan , entre outras cousas, nun Plan de Traballo para a Cultura e a aplicación de fondos estruturais para a cultura). MarÃa BadÃa (S&D) fixo unha lectura en positivo ao afirmar que “nun momento de crise económica a cultura pasará a ser importante como sector económico, sen caer no outro lado, centrarnos na industria e esquecer a excepción cultural” alén de insistir nos informes aprobados en materia cultural nesta lexislatura.