Investigan unha vía Romana nas proximidades do Castro das Travesas

A Vía XX percorrería o país entre Lugo e Caldas de Reis

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Unha escavación arqueolóxica nas proximidades do Castro das Travesas, en Carral, tirou á luz o que podería ser un ramal da Vía XX, construída polos romanos. O equipo que dirixe Antón Malde atopou restos deste camiño no Concello de Abegondo, que se suman aos aparecidos onda o Castro das Travesas. Pendentes de novas descubertas, os restos semellan confirmar a teoría que propugna que este camiño unía Lugo con Caldas de Reis, a pasar por Sobrado, Mesón do Bento e a Laracha.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis, Lugo, Caldas de Reis, A Laracha...