As excavacións arqueolóxicas realizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio no solar do antigo Casino de Tui veñen de sacar á luz un importante conxunto de restos romanos que abrangue construccións, cerámicas e oturos elementos. Mentres un escavan, outros ensinan a escavar. O vindeiro sábado comezará en Caldas de Reis o prmiero obradoiro de arqueoloxÃa experimental que se realiza en Galicia, organizado polas asociacións Arroutada e Arqueoxogos.
Restos de cinco séculos
As excavacións realizadas para comprobrar a posible existencia de restos romanos no solar do antigo casino de Tui deron cun importante xacemento arqueolóxico no que se atoparon restos romanos de entre os séculos I e VI da nosa era.
Os restos, distribuidos en varios niveis, inclúen restos de muros de diferentes edificacións, lares de cociñas e dúas calzadas que poderÃan ser as rúas da época. Ademais, apareceu unha sepultura de inhumación aÃnda por datar, e varias canalizacións de augas realizadas con arxila que desenvolvÃan funcións de saneamento ou de abastecemento de augas.
Entre as ruÃnas atopáronse anacos de cerámica de distintas calidades, intrumentos de metal, unha moeda, unha pedra de moer e cerámica de tipo castrexo pero que poderÃa ter sido empregada polos moradores destes edificios.
Está aÃnda por realizar o informe definitivo sobre os restos, pero polo de agora o arqueólogo da Delegación Provincial de Cultura salientou o valor patrimonial do atopado como "indiscutible".
AÃnda está por decidir cal vai ser o futuro deste xacemento. O máis posible é que a cerámica e demais obxectos atopados se trasladen ó Museo de Pontevedra, mentres que os muros se conservarán no soto do edificio que se levantará neste solar ou serán soterrados.
ArqueoloxÃa experimental
Caldas de Reis acollerá a partir deste sábado o primeiro obradoiro de arqueoloxÃa experimental que se celebra en Galicia. Esta actividade, organizada polas asociacións Arroutada e Arqueoxogo, pretende amosar dun xeito divertido os métodos de excavación e de localización de restos.
AsÃ, os participantes poderán pór en práctica este sábado as diferentes técnicas de fabricación de ferramentas con técnicas prehistóricas. Para a seguinte semana coñecerán como se facÃa cerámica na Prehitoria e realizarán pintura e gravados coma os nosos antepasados de hai milleiros de anos. O dÃa nove están previstos os obradoiros de construcción prehistórica e de cociña neolÃtica. Finalmente, o sábado 16 realizarase a excavación dun xacemento simulado e unha excursión ó castro de Follente.
Os organizadores sinalan que esta actividade acadou un grande éxito de participación, ten xa cubertas todas as prazas para adultos. Sen embargo, desde a organización barállase a posibilidade de habilitar máis prazas.