Localizan en Abegondo unha desviación da vía romana XX

Vinculaba dous castros co camiño principal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha boa parte da mítica vía romana XX, tamén chamada Per loca maritima, discorre baixo infraestruturas viarias actuais, pero a día de hoxe sábese que esta vía desviábase en numerosas ocasións para achegarse a poboacións ou á costa. Isto é o que veñen de demostrar empiricamente o arqueólogo Antón Malde canda o investigador José Francisco Castro, examinando unhas alteracións do terreo que discorrían paralelas ao Camiño inglés, no concello de Abegondo. "A calzada romana debeu ficar abandonada e en mal estado", sinala Malde, "así que se abandonou e se fixo o novo camiño medieval en paralelo, a dez metros dela". O resultado é un camiño de seis metros de longo, con cunetas laterais e unha plataforma central de arxila apisonada, inclinada cara os lados para que escorregara a auga. É un dos primeiros vestixios deste tipo de calzada exhumadas en Galicia. A calzada comunicaba a vía XX co importante castro das Travesas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Castro, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos