O glosario das ciencias do solo, tamén en galego

Estará dispoñible na rede e será de acceso de balde

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Real Academia Galega e a Sociedad Española de Ciencia del Suelo (SECS) asinaron onte na Fundación Penzol, un convenio para a realización dun Glosario de Ciencia del Suelo. Será sincrónico, multilingüe, especializado e selectivo en español, catalán, éuscaro e galego, coas equivalencias en inglés e francés. O proxecto non contempla só as equivalencias de vocabulario senón tamén as definicións do termo. A SECS dispón dunha plataforma terminolóxica que inclue 2.500 voces que fan parte do corpus sobre o que traballará a RAG. O resultado final será de libre acceso e estará dispoñible na rede.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Fundación Penzol, Real Academia Galega

Claves

Conceptos