Reabre o Museo Casa da Troia despois de dous anos pechado

A Asociación de de Antigos Tunos foi a promotora da súa recuperación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Fai parte da historia da cidade de Santiago pero, sobre todo da súa universidade. Por iso, non é de estrañar que estas dúas entidades, xunto coa Consellaría de Cultura, se implicaran na reapertura desta casa-museo. Pero a iniciativa non foi súa, senón da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que conseguiu os apoios económicos para que o vindeiro día 15, a Casa da Troia reabra ao público xeral. Non será unha solución definitiva, xa que o acordo garante a súa apertura, como mínimo ata decembro. Ademais, esta asociación pretende facer unha nova edición da novela e programar actividades divulgativas e sociais sobre este edificio inmortalizado por Pérez Lugín en A casa da Troia.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos

Claves

Conceptos