O extraordinario éxito da novela La casa de la Troya de Alejandro Pérez LugÃn (1915), con máis de cen edicións e versións cinematográficas xa nos tempos do cinema mudo, nunca se traducira ata agora nunha tradución ao galego. Onte, este baleiro solucionouse. Auga Editora partiu da edición número 64 do orixinal en castelán, e que foi o primeiro editado pola LibrarÃa Galà de Santiago. Segundo a tradutora, Mercedes Pacheco, "podemos considerala como a reimpresión fixada definitivamente por Pérez LugÃn". A obra, un absoluto best-seller durante décadas, marcou de maneira decisiva a imaxe nostálxica dunha Compostela costumista, vinculada aos estudantes e a un modo de vivir no que se cruza o canalla, no caso dos mozos, e o conservador, nos veciños da cidade. A presentación da novela realizouse canda outras dúas novas traducións, as primeiras realizadas ao italiano e ao dinamarqués, e presentadas onte no Casino de Santiago de Compostela.