Unha asociación promove a recuperación do Ballet Rey de Viana

Están a empregar as redes sociais para pór en contacto os bailaríns

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os gaiteiros, os técnicos e as xastras son persoal da Xunta; todo o material (vestiario e fotografías) está localizado nunha nave e, para poñelo en marcha só faltan os bailaríns. Por iso, acábase de constituír na Coruña a Asociación Ballet Galego Rey de viana co obxectivo de promover a recuperación desta entidade disolta en 2005. Un dos primeiros pasos da asociación, foi a creación dun grupo de Facebook no que pretende por en contacto aos antigos bailaríns. A asociación está a preparar actividades para poñer sobre a mesa a recuperación dun ballet que bailou o folclore de Galicia polos escenarios de todo o mundo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Facebook, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares