O achado da película "A casa da Troia" de 1920 coincide cunha serie para a TVG que recreará aqueles anos

Volven os anos vinte

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O achado e restauración por parte da Filmoteca Española, da película "A casa da troia" rodada polo mesmo autor do libro, Alejandro Pérez Lugín, en 1920 únese en actualidade á presentación de "As leis de Celavella" unha serie de 26 capítulos da productora Voz Audiovisual e a TVG que esta canle comezará a emitir a finais de ano e que está ambientada tamén nos anos vinte. A serie conta a historia dun avogado metido a detective e parte dela rodarase nas rúas de Betanzos. A película de Pérez Lugín ten prevista a súa exhibición en outubro en Santiago unha vez restaurada.

Máis información sobre "A casa da Troia " en La Opinión

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, La Opinión, Voz Audiovisual, Betanzos

Claves

Lugares