Sabina inaugura o complexo lúdico-deportivo Lalín Arena

A infraestrutura está pensada como sala de concertos, feiras e eventos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Pasadas as 10:15 horas da noite, Joaquín Sabina facía entrada no Lalín Arena a golpe de Lili Marleen. Abría así a etapa galega da xira patrocinada polo Xacobeo (Vinagre y rosas que continúa hoxe na Coruña. “Non sei porque lle chaman Lalín Arena porque ten de todo menos area” afirmou o cantante en referencia á inauguración dunha infraestrutura pensada tanto para acoller a celebración de concertos, eventos e feiras, así como recinto deportivo (dúas pistas de balonmán e de baloncesto) e lúdico (conta cun completo spa). Sabina, declarado onte novo comendador da “Orde do cocido” , tirou man dos clásicos nas preto de dúas horas e media de concerto.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Xacobeo, Clásicos, A Coruña...