O portadista de The Sandman é un dos convidados desta edición de Viñetas

A autora de Rosalie Blum, Camille Jourdy, tamén estará presente

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O portadista de The Sandman é un dos convidados desta edición de Viñetas

Xa se coñecen os convidados oficiais de Viñetas desde o Atlántico. Malia que son menos dos que estaba previsto inicialmente (sete en lugar de dez personalidades do sector), esta edicion contará coa presenza de Dave McKean. É un dos grandes ilustradores e deseñadores de Gran Bretaña e un asiduo colaborador con Neil Gaiman. No seu traballo destaca por ser o autor das potadas da coñecida serie The Sandman. Canda el estarán Camille jourdy, a creadora da triloxía Rosalie Blum e unha das mellores creadoras do panorama actual. Completa o cartel dos convidados Emile Bravo e o editor de Will Eisner, Denis Kitchen polo apartado internacional; Carlos Pacheco, Raule & Roger como convidados españois e Víctor Rivas como autor galego.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Rivas, Pacheco, Viñetas desde o Atlántico, Gran Bretaña...