Os bos resultados da primeira edicion do LITVI garanten a súa continuidade

Ao encontro asistiron preto de 60 escritores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A boa acollida por parte de público, convidados e prensa fixo que o director xeral de Creación e Promoción da Cultura, Francisco López Rodríguez, anunciara que os resultados da primeira edición do LITVI (Encontro de literatura de viaxes) estaban acadados. Por iso, unha vez pechados os flecos pendentes da primeira xuntanza, pasarán a organizar a seguinte “para evitar que Galicia perda a oportunidade de ser o centro dun aspecto cultural e turístico” apuntou López Rodríguez. Este primeiro encontro estivo dedicado “ás literaturas do camiño” e sobre a espiritualidade e o valor do trazado afondaron as conclusión do encontro redactadas polo xornalista Xosé María García Palmeiro.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Escritores

Claves