Cultura apoiará as feiras do libro con 245.000 euros

López Rodríguez anuncia tamén un Rexistro Administrativo de Librarías

| | Seccións: Literatura
Compartir:

As feiras do libro contarán cun apoio da Consellaría de Cultura de 245.000 euros este ano. Así o anunciou o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, o pasado venres. Ao tempo, adiantou a vindeira creación dun Rexistro Administrativo de Librarías á que se terán que incorporar todos os establecementos deste tipo que existan no país e queiran recibir subsidios e axudas públicas. Con esta medida quérese actualizar o rexistro activo, que data de 1986. López Rodríguez tamén apuntou que se manterá o sistema de axudas ás editoras mediante a adquisición de exemplares para a Rede de Bibliotecas de Galicia.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas

Claves

Conceptos