Santiago acollerá a II edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea

Celebrarase do 10 ao 12 de setembro en varios escenarios da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Relacionar a creación cultural co ámbito empresarial e as novas tecnoloxías. Estes son algúns dos obxectivos que persegue o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea, unha iniciativa que desenvolveu en Canarias a súa primeira edición. O segundo encontro chega a Santiago en setembro cun programa que inclúe desde xornadas de debate ata sesións de presentacións (formatos Pecha Kucha, Making of, talk show, conferencias show…) para coñecer diferentes experiencias nesta materia. De feito, desde a organización pechan hoxe a primeira parte, na que solicitaron a participación de creadores culturais que dean a coñecer o seu traballo. O vindeiro día 16 darán a coñecer cales dos proxectos presentados se integran dentro do programa. Do 10 ao 12 de setembro, diferentes espazos de Santiago (Consello da Cultura, Museo do Pobo Galego, Zona C…) serán sedes deste encontro.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Museo do Pobo Galego, Canarias, Consello da Cultura Galega