Fina aos 64 anos o actor ourensá Abelardo Pérez

O funeral terá lugar esta tarde (18:45 horas) na igrexa parroquial de María Auxiliadora

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A súa paixón era o teatro pero foi a televisión o medio no que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional. Abelardo Pérez participou nas teleseries Nada es para siempre (Antena 3), Al salir de clase (Telecinco) e Libro de familia (TVG), que lle valeron parte da súa popularidade. Despois dunha longa enfermidade, Abelardo Pérez finou onte no seu ourense natal, onde terá lugar hoxe o funeral (igrexa parroquial de María Auxiliadora-Salesianos, ás 18:45 horas). Pérez estivo moi vencellado á actividade cultural de Ourense, onde participou activamente na celebración do Festival de Cine e en ciclos para achegar o audiovisual á cidade.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cine, Teatro, TVG

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares