O Festival de Cine de Ourense rende homenaxe ao actor Abelardo Pérez Gabriel

Concedéronlle, a título póstumo, o premio Toda unha vida

Ademais de actor, Abelardo Pérez estivo moi vencellado ao Festival de Cine de Ourense (OUFF). Por iso, non era de extrañar que este certame lle dedicara unha homenaxe logo da súa morte a principios de xuño. O OUFF concedeulle o premio Toda unha vida a título póstumo cunha mesa redonda na que estaban familiares, a súa representante e outros profesionais que lembraron a quen foi coñecido na pequena pantalla nas series Libro de familia e Ao saír de clase.