Cultura asina un convenio para dixitalizar os fondos de catro fundacións galegas

O obxectivo é dar a coñecer o patrimonio documental

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os directores de catro fundacións galegas (10 de marzo, Eugenio Granell, Carlos Casares e Vicente Risco) asinaron onte un convenio co Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, para a dixitalización de fondos. A administración autonómica comprométese a dixitalizar o material documental que albergan esas entidades e o resultado pasará a engrosar os arquivos da Fundación Cidade da Cultura. O obxectivo é recuperar, facilitar e divulgar a sociedade ese patrimonio. En total dixitalizaranse máis de dez mil documentos entre debuxos, gravados, fotografías, pranchas, mecanuscritos e primeiras edicións de obras.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Carlos Casares, Vicente Risco, Roberto Varela...