Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez son os escritores galegos que participan na homenaxe poético musical coa que o concello da coruña lle rende a John Berger. Este acto, que terá lugar o mércores, completa a exposición From I to J coa que a cineasta Isabel Coixet recupera a traxectoria deste escritor ue lle deu voz aos oprimidos e excluÃdos da sociedade. Tanto a mostra como a actividade desenvólvese na antiga cadea da Coruña.