Isabel Coixet homenaxeará a John Berger cun espectáculo na cadea coruñesa

O proxecto xa se presentou ao público en Barcelona e Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Despois do seu ensaio como centro cultural cun festival de cinema en formato Súper 8, a antiga cadea da Coruña terá o vindeiro 10 de xuño outra cita coa cultura. Será na particular e atípica homenaxe que a cineasta Isabel Coixet lle fará a John Berger nun proxecto multimedia que titulou “From I to J” que xa se desenvolveu en Barcelona ou Madrid. O encontro consiste nunha intervención inspirada no último libro do escritor no que unha muller escribe cartas ao seu marido preso. Leonor Watling, Isabelle Huppert ou Penélope Cruz son algunhas das oito actrices que lerán esas cartas na instalación que estará aberta ao público en xeral.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Madrid, Cine, Espectáculo...

Claves

Lugares