Terra de persoa

O Xacobeo trae a Santiago a fotografía intimista de Pierre Gonnord

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Terra de persoa

De xaneiro a agosto de 2009, o fotógrafo francés afincado en Madrid, Pierre Gonnord, visitou o noroeste peninsular coa intención de retratar as persoas que vivían tanto da agricultura como da minería. No seu percorrido atopou cunha paisaxe personificada, humanizada que marcou o carácter dos seus habitantes. Por iso, Terre de personne (exposición producida pola Comunidade de Madrid e traída a Santiago polo Xacobeo) recolle retratos humanos e xeográficos tamizados pola ollada de Gonnord. A exposición, que se pode ver no mosteiro de San Martín Pinario ata o 30 de agosto, evoca un retrato intimista que pretende adentrase na expresividade, o carácter e a forza.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Madrid, Fotografía, Paisaxe

Claves

Lugares