O Xacobeo repasa os seus vinte anos nunha mostra

A exposición poderá verse en San Martiño Pinario (Compostela) ata o 23 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:

Publicacións, fotografías, obras de arte, audiovisuais, fotografías e mesmo mercadotecnia. A Sociedade de Xestión do plan Xacobeo amosa o traballo das súas dúas décadas de existencia coa exposición o Xacobeo, 20 anos de camiño, que se inauguraba esta mañá no mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela. Segundo explicou Francisco Singul, comisario da mostra, na mesma déuselle unha especial importancia ás publicacións e investigacións que desenvolveu o Xacobeo. Asimesmo, ocupa un espazo destacado a versión en galego do Códice Calixtino que ilustrou Franciso Leiro. Asimesmo, apuntou a importancia da creación artística vencellada ao Camiño "que se continúa a dar na actualidade".

Deste xeito, en San Martiño poden verse pinturas, esculturas, audiovisuais e outro tipo de creacións encol do fenómeno xacobeo. O traballo de recuperación das propias vías de peregrinación, coa construción de albergues e outras infraestruturas e mais do patrimonio vencellado ás mesmas ocupan tamén un lugar importante na mostra, así como os recoñecemento internacionais que recebeu o traballo da Sociedade de Xestión.

Na inauguración, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, salientou o traballo realizado nestas dúas décadas e sinalou que, malia a que está previsto coordinar o Xacobeo coas outras entidades públicas que se encargan da promoción turística, a Sociedade como tal continuará coa súa tarefa. "Non é o mesmo un turista que un peregrino, e ese traballo de promoción específica seguirá a se facer".

A exposición estará aberta ata o vindeiro 23 de decembro.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O Camiño que mudou o país

O Camiño que mudou o país

Os vinte anos de traballo da SA de Xestión do Plan Xacobeo marcaron o desenvolvemento da nosa cultura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, San Martiño, San Martiño Pinario, Francisco Singul...