O Xacobeo amosa nunha mostra a peregrinación artística de Manuel Valcárcel e Alejandro González

Regreso á orixe. Xerusalén, Roma, Santiago. Unha viaxe contemporánea amosa fotografías e un video

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Xacobeo amosa nunha mostra a peregrinación artística de Manuel Valcárcel e Alejandro González

O fotógrafo Manuel Valcárcel e mais o músico Alejandro Rodríguez realizaron unha peregrinación aos tres grandes santuarios da cristiandade. Desde as oito desta tarde, o resultado creativo da viaxe pode verse no mosteiro de San Martiño Pinario na exposición Regreso á orixe. Xerusalén, Roma, Santiago. Unha viaxe contemporánea. Oitenta e dúas fotografías e mais un documental de 20 minutos dan conta do periplo destes dous creadores. A exposición foi organizada polo Xacobeo 2010, o Arcebispado de Santiago de Compostela, o Seminario Maior e conta co patrocinio de Telefónica.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Valcárcel, Xacobeo, Roma, Documental...