A Domus acolle os encontros co público Pecha Kucha Night

Alberto Vázquez e Xurxo Penalta presentan os seus proxectos na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A Domus acolle os encontros co público Pecha Kucha Night

Os Pecha Kucha Night son encontros informais nos que artistas de distintas disciplinas presentan brevemente o seu traballo ao público. Hoxe á tardiña celébrase un na Domus, a "Casa do Home" da Coruña, a partir das oito da tarde. Alí coincidirán os autores de BD Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) e Xurxo G. Penalta (A Coruña, 1976), dando a coñecer as súas obras. Alberto falará, a partir das 20:20 horas, sobre o seu labor como ilustrador e como debuxante de cómic, coa experiencia que lle confire desenvolver semanalmente obra gráfica para medios como El País. O autor coruñés está de actualidade grazas á publicación en Francia de El evangelio de Judas, nunha edición semellante á española e cuxos textos tamén rotulou. Pola súa banda, Penalta centrarase exclusivamente na banda deseñada. Entre os proxectos que ten a día de hoxe destacan varios traballos para os Estados Unidos e outro, inédito, que ilustra un guión de Alberto Vázquez.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Alberto Vázquez, Domus, Cómic...