Hai dous anos Xurxo G. Penalta debuxou o cómic inédito La polÃtica de los insectos a partir dun guión de Alberto Vázquez. O ano pasado, debuxou unha historia curta para o número 29 da serie de ciencia-ficción Fear Agent, que se publica o mes que ven en Estados Unidos, con contraportada súa tamén. Xa en 2010, o artista coruñés publicou no sexto número de "Web of Spider-man" o conto Shed: Prologue, aÃnda inédito en España e escrito por Zeb Wells. Actualmente a actividade de Penalta continúa vizosa no eido da novena arte, pois está a desenvolver un par de proxectos co mesmo guionista, un dentro de Marvel Comics e outro para un selo independente, ambas obras están nun estadÃo cedo de desenvolvemento. Dúas pezas máis curtas sairán antes, en concreto senllos relatos para unha nova antoloxÃa americana de terror. Ademais, no vindeiro Barsowia, que se agarda para este verán, Penalta publicará un relato de oito páxinas, que é a terceira parte da historia de ambientación oriental Ryokan no Kettou, cocreada con Duarte Patiño.