Unha historia de doce páxinas que ten coma protagonista a D-Man, un personaxe secundario dos anos oitenta, supón do debut do coruñés Xurxo Penalta coa factorÃa Marvel. A historia está encadrada no volume colectivo Marvel Assistant-Sized Spectacular 1, un lanzamento especial no que os asistentes de editores da empresa toman o mando. "É un pouco o terreo de probas para estes asistentes e tamén para meter novos talentos nas hitorias", explica Penalta, que contactou co editor Alejandro Arbona no Salò del Cómic de Barcelona. A maiores, Penalta ten pendentes de publicar dúas historias breves en Dark Horse Cómic. "Son historias de apoio de oito páxinas para a serie Fear Agent, que saen con guión de Rick Remender. Para rematar, o debuxante está a traballar sobre un guión de Alberto Vázquez na obra La polÃtica de los insectos, que xa ten corenta páxinas debuxadas e que os autores van levar ao festival de Angoulême para buscarlle editor.