Alberto Vázquez publicará en Francia El Evangelio de Judas

Tamén sairá un integral de El Fanzine Enfermo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A editorial Rackham publicará en Francia El Evangelio de Judas, de Alberto Vázquez. A obra, que sairá cara o vindeiro mes de outubro, está agora mesmo en fase de rotulación, e será publicada no mesmo formato co que saíu a edición española de Astiberri. O autor infórmanos tamén que será precisamente a editora vasca a responsable de publicar, nesta mesma primavera, un volume que recompila todo o material publicado no extinto Fanzine Enfermo. Esta recoñecida publicación estivo codirixida por Vázquez e contou con abondosas colaboracións galegas. Para rematar, o autor sinala que está a traballar na versión animada do seu álbum Psiconautas.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Francia, Astiberri

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares