Astiberri anuncia para marzo a publicación de "Psiconautas" o novo álbum de Alberto Vázquez

Vázquez para os vascos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Logo de "Alter Ego" e de "Freda", o coruñés Alberto Vázquez presenta o seu terceiro álbum. "Psiconautas" é o título da obra que publicará o vindeiro mes de marzo a editora vasca Astiberri e que narrará en case cen páxinas unha única historia longa. De calquera xeito, parte deste material xa se puido ver no segundo número do "Fanzine Enfermo", que coordina o propio Vázquez, e mais na publicación do certame "Na Vangarda" da Xunta de Galicia. Ademais de continuar co "Enfermo", que verá para primavera o seu vindeiro número, o autor aparecerá tamén no vindeiro "Nosotros Somos los Muertos". A pesar da abundancia de proxectos, Vázquez anuncia unha diminución do seu ritmo de traballo na BD para os vindeiros anos, pola xa coñecida dificultade para gañar a vida neste campo.

Máis información e unhas páxinas da obra no web de Astiberri; na ficha de Alberto Vázquez; máis sobre Freda neste web

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astiberri, Alberto Vázquez, Culturagalega, Xunta de Galicia