O Concello de Vigo pretende achegar os bañistas as excavacións da finca de Mirambell

Torralla en bañador

| Santiago.Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Desde principios de mes hai na finca de Mirambell (Vigo) unha mostra que amosa "in situ" o traballo dunha excavación arqueolóxica. Trátase dos traballos de que se desenvolven na vila romana que se descubreu hai uns meses nesa finca e que o concello quere dar a coñecer. Por iso hoxe pon en marcha unha iniciativa, "Toralla en bañador", para que os bañistas vexan a exposición e observen directamente as pezas atopadas no xacemento. As actuais obras concluirán o próximo 8 de setembro para poñerse en marcha cunha segunda fase do proxecto que supón unha catalogación de todas as pezas, así como un informe para delimitar o futuro centro de interpretación da zona.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo

Claves

Entidades
Lugares